O maléfico mundo das fadas

0
182

A directora de American Psycho, Mary Harron, está a negociar a súa incorporación a un novo proxecto que consistirá nun drama fantástico para adolescentes titulado Wicked Lovely e que producirá a Universal Pictures.

Baseada na primeira dunha série de novelas de Melissa Marr, a história céntra-se nunha adolescente que é capaz de ver o mundo oculto das fadas, pero que se enfronta ao perigo cando non só as fadas detectan que esta rapaza pode ve-las senón cando o seu rei decide que ela debe ser a súa noiva.

Caroline Thompson (Eduardo Manstesouras, O cadáver da noiva) escribiu o guión, mentres que Vince Vaughn, Valeri Vaughn e Peter Billingsley serán os produtores. Harron sustitúe no posto de directora a Kimberly Pierce, até agora vencellada a este proxecto.