Tarzán regresa nunha triloxía

0
193

Craig Brewer, director de Footloose e Hustle and Flow, será o encargado de escribir o guión e dirixir unha nova adaptación ao cinema de Tarzán, o clásico persoaxe de Edgar Rice Burroughs para a Warner Bros. Pictures.

Jerry Weintraub producirá este proxecto, que leva en desenvolvemento oito anos, dende que John August fora contratado orixinalmente para adaptar o guión en 2003. En 2006, Guillermo del Toro (Hellboy) mantivo negociacións para se encargar da dirección, e dous anos despois Stephen Sommers (A Múmia) foi comisionado para dirixir e co-escribir o libreto do mesmo filme xunto ao guionista de G.I. Joe, Stuart Beattie.

Polo de agora sábe-se que a versión de Brewer fala da história de Tarzán ao longo de tres filmes, e agarda que o primeiro sexa o que el dirixa.