Inglaterra censura ao novo Cempés

0
166

The Human Centipede II é a secuela deste ano do filme de terror de baixo orzamento que narraba a história dun científico tolo que cosía á xente de boca a cú nun louco experimento médico. Os realizadores prometeron que a segunda parte sería moito mais enfermiza, escura e repulsiva cá primeira. E seica tiñan razón.

O British Board of Film Classification, organismo inglés encargado da censura prévia de filmes, videoxogos e toda caste de obras artísticas, ven de rexeitar outorgar unha clasificación á película, nunha decisión pouco habitual baseada en que o film é “sexualmente violento e potencialmente obsceno“. O filme polo tanto non poderá ser distribuido legalmente no Reino Unido ao carecer do selo da censura, que no caso da primeira parte calificara para maiores de 18 anos e deixara exhibir sen recurtes.

Ainda que o BBFC pode e de feito a miudo obriga a recurtar material de certos filmes, neste caso considerou que a película enteira contén “material inaceptábel” que fai imposíbel os curtes, polo que simplemente non deron ningún tipo de calificación, e sen calificación non é posíbel distribuír ren. Os produtores teñen agora seis semanas de prazo para apelar a decisión.

(OLLO: SPOILERS DESEGUIDO!)

O BBFC fixo pública asemade unha longa carta na que esgrime as súas razóns para non lle outorgar calificación a The Human Centipede II, revelando o lonxe que chega o filme, que vai sobre un home que fica sexualmente obsesionado cun DVD que contén a gravación da primeira parte e que decide poñer en práctica a ideia do cempés humán.

Nunha das primeiras escenas o home mastúrba-se con papel de lixa enrolado ao redor do pene. Noutro intre, excíta-se perante a visión dunha defecación forzada, pero o auténtico choque para o espectador ven cando o protagonista enrola-se arame de espiño no pene e viola á muller que está ao cabo do “cempés”.

Ao contrário da primeira parte, na que os actos mirában-se coma un repunante experimento médico e o foco estaba posto nas vítimas tentando escapar, esta segunda parte céntra-se mais nas violentas e depravadas fantasías sexuais do protagonista. Tamén hai un “forte enfoque no vencello entre a excitación sexual e mais a violéncia sexual e unha clara asociación entre a dór, a perversidade e o pracer sexual“, o que supón segundo a censura británica “un risco real e non meramente imaxinário de que se causen danos aos potenciais espectadores“.