John Dykstra encárga-se de Super Zero

0
203

John Dykstra, o supervisor de efectos especiais gañador dun Oscar (Spiderman 2, X-Men: First Class) ven de obter o seu primeiro encargo coma director dunha longametraxe, que levará por título Super Zero.

Baseada na novela gráfica de Jeff Lemire Tales From the Farm, a história apta para todos os públicos vai sobre un neno orfo de dez anos que vai vivir a unha granxa con seu tío. Mentres a súa relación vai-se crispando mais e mais, fai-se amigo do propietário da gasolineira da vila, un ex-xogador de hóquei, e a parella escapa a un mundo fantástico privado cheo de superheroes e invasores alieníxenas.

O proxecto contémpla-se coma unha longametraxe con actores reais e con moitos efectos especiais que serán desenvolvidos pola compañía Rhythm & Hues Studios. John Carr escribiu un guión para este filme, que contará coa produción de Steven Gilder e Alec Chorches.