Remake para Big Man Japan

0
177

O debut na dirección en 2007 de Hitoshi Matsumoto con Big Man Japan vai contar axiña cun remake americano coa produción da Sony Pictures.

O falso documental vai sobre Masaru Daisato, un home capaz de medrar até unha altura de aproximadamente 30 metros e que herdou o deber de protexer a Xapón contra os diversos monstros xigantes que o ameazan, traballando para o Ministério de Defensa.

Mália o seu enorme poder, é considerado un marxinado polos seus compatriotas e completamente afastado da súa família mais próxima. Ademais debe aturar a carga de vivir nunha liñaxe de heroes.

Phil Hay e Matt Manfredi escribirán o guión, mentres que Neil H. Moritz encargará-se da produción.