A lúa de Doug Liman brillará

0
193

O relato de ciéncia-ficción Luna de Doug Liman ven de recebir a luz verde de aprobación da Paramount Pictures.

A história céntra-se nun grupo de científicos renegados que constrúen unha nave espacial para probar e obter unha misteriosa fonte de enerxía que emana da superfície da Lúa.

Simon Kinberg escribiu o último esbozo de guión, que puliu as versións anteriores co-escritas por Liman e John Hamburg mentres o proxecto estaba ainda nas mans da Dreamworks Pictures.

Bradley Cooper, Chris Evans, Andrew Garfield, Emile Hirsch e Chris Pine estiveron anteriormente nun intre ou outro no punto de mira dos estudos para protagonizar este filme, que conta coa produción de Allison Shearmur, Doug Liman e Simon Kinberg.