Queren a Paul Walker para Terminator 5

0
153

O protagonista da saga cinematográfica de Fast and Furious, Paul Walker, podería ser o principal candidato para interpretar a Kyle Reese na longamente esperada quinta entrega da saga de Terminator.

Agora que a carreira de Arnold Schwarzenegger vai sufrir un novo parón por mor dos seus problemas familiares (está en proceso de divórcio da súa muller), agardába-se que o proxecto de Terminator que ía dirixir Justin Lin ficase igualmente paralizado.

Nombergantes, seica non vai ser o caso porque agora fála-se de que a franquía podería pasar por un relanzamento, que recairía nun novo protagonista masculino mais novo. Nesta nova versión, o foco poría-se en Kyle coma protagonista principal, mentres que os resto dos papéis serían interpretados por outros actores novos.

Se ao cabo Schwarzenegger fica vencellado ao proxecto, agárda-se que o seu tempo na pantalla resulte moi recurtado, o que sería para el un bó motivo para atrae-lo ao proxecto unha vez mais.