Os que camiñan contra o vento

0
166

O realizador holandés Jan Kounen (Blueberry, Dobermann) será o encargado de dirixir Windwalkers: Chronicle of the 34th Horde, unha longametraxe de debuxos animados de ciéncia-ficción que contará cun orzamento de 18 millóns de euros para a Forge Animation.

O filme será unha adaptación da novela fantástica supervendas de Alain Damasio La Horde du Contrevent (A horda do vento), que está ambientada nun mundo asolado por terríbeis tempestades e que narra as aventuras dun grupo de elite que tenta atopar a terra onde se xeran todos os ventos. Na súa edición orixinal, gañadora do Grand Prix de l’Imaginaire 2006, o libro ven acompañado dun CD que é súa “banda sonora” (escrita polo compositor Arno Alyvan).

Marc Caro (Delicatessen, A cidade dos nenos perdidos) será o supervisor artístico e dos efectos especiais. Os produtores están a manter conversas cun guionista.