Lincoln dirixirá os Incidentes de Nye

0
230
The Nye Incidents

O director Todd Lincoln (The Apparition), o produtor Daniel Alter (Hitman) e mais os estudos RKO axuntarán as súas forzas para facer unha adaptación ao cinema do cómic The Nye Incidents.

Whitley Strieber, autor de novelas de terror coma Communion ou The Hunger, foi o co-guionista deste cómic xunto a Craig Spector. A história vai sobre un médico forense escéptico e racional que deberá abandoar a ciéncia cando a súa racionalidade se vexa destruída polo brutal asasinato dunha persoa que afirmaba ter sido secuestrada polos extra-terrestres.

O caso porá-o na pista dun asasino en série adicado a matar a todos os abducidos e que podería non ser humán. A RKO encargará-se de contratar a un guionista que traballe xunto a Lincoln.

Strieber é un escritor de ciéncia-ficción que afirma que as súas novelas non son ficción senón que narran acontecementos verídicos e asegura que el mesmo foi abducido polos áliens cando era novo, poloque grande parte do seu traballo consiste en tentar desacreditar os métodos científicos e a razón.