Star Trek para Xbox e PS3

0
219

Os produtores e guionistas de Star Trek, Bob Orci e Alex Kurtzman están a manter conversas con J.J. Abrams co fin de facer unha versión en videoxogo da famosa saga de ciéncia-ficción.

O videoxogo, para as plataformas Xbox 360 e PlayStation 3, será “unha extensión da aventura escomezada por Abrams no filme de 2009” con Kirk e Spock traballando xuntos para deter a unha lendária raza de inimigos espaciais que pretenden conquistar a nosa galáxia.

Os programadores de Bioshock 2 na compañía Digital Extremes están a traballar conxuntamente coa Bad Robot, a Paper Products e mais a Paramount Digital Entertainment nun esforzo que podería dar os seus froitos para o ano que ven, todo coa intención de que saia ao mesmo tempo cá película.

Pola súa banda, á franquía de videoxogos de Tomb Raider vai-lle pasar o mesmo cá moitos filmes: vai pasar por un relanzamento que se producirá co gallo da nova entrega da saga a finais deste ano, e no que se prometen algúns cámbios importantes na história do persoaxe de Lara Croft. A ideia neste caso é que os trocos no videoxogo sexan trasladados á pantalla grande nunha nova película que se faga eco deles.