O desexo de Hollywood de relanzar vellas franquías que ainda poden dar benefícios están por producir tres novas versións de sagas ben coñecidas.
A Fox Animation ven de contratar a Christian Magalhaes e mais a Bob Snow (Murder of a Cat) para que escriban un guión adaptados aos tempos modernos sobre o persoaxe de King Kong, que esta vez narre a história dende o punto de vista do símio xigante.
A compañía 21 Laps, propiedade de Shawn Levy, e mais a Radar Pictures, de Ted Field, producirán esta nova adaptación xunto a Mike Weber.
Pola súa banda, na MGM, xa case totalmente ceiba da súa enorme débeda que estivo a piques de ocasionar a súa desaparición, están a volver falar de vellos plans que tiveron que agardar na neveira, e un deles é o relanzamento da franquía de Poltergeist, para o que queren contar co escritor de obras de teatro reconvertido en guionista de cinema David Lindsay-Abaire (Rabbit Hole), a quen lle ofreceron o traballo de escribir o libreto.
Todo semella indicar que para esta nova versión a Metro non ten ningún parámetro creativo preconcebido, o que permitiría a Lindsay-Abaire escribir un guión para o cinema con total liberdade, sempre a claro, por suposto, que primeiro acepte o traballo ofrecido.
Por último, a proposta de secuela da Universal Pictures para o filme de Joe Johnston de 2009 The Wolfman, que tan malos resultados dera no despacho de billetes, foi reconvertida nun filme orixinal.
Así pois, o guión de Michael Tabb será reescrito e volverán traballar nel para crear un filme que teña mais conexión coa longametraxe orixinal de 1941 dirixida por George Waggner, no canto de facer simplemente un remake.
O filme utilizará un título completamente diferente e os estudos escomezarán a procura dun director nas vindeiras semanas, coa ideia de pdoer escomezar a produción a finais deste mesmo ano.