Roland Emmerich podería rodar Asteroids

0
210

O espectacular director de filmes coma The Day After Tomorrow ou 2012, o alemán Roland Emmerich, ven de recebir unha oferta para se encargar da adaptación ao cinema do clásico videoxogo arcade da Atari de 1979 Asteroids para a Universal Pictures.

O xogo en si mesmo non ten ningunha história, e é tan só unha nave espacial disparando no centro da pantalla a uns asteroides que ameazan con destruí-la. Pero no filme a cousa obviamente é un pouco mais complicada, e estará ambientado xusto despois da destrución da Terra. Os restos da civilización humán viven agora en colónias a bordo de enormes asteroides e non demasiado lonxe duns áliens.

Os supervivintes coidaban que esta civilización extra-terrestre era benévola, e que os rescatara do desastre total, pero dalí a pouco descobren que os áliens son os responsábeis da destrución do noso planeta, e que planean rematar co resto da humanidade.

Matt Lopez (Race to Witch Mountain) escribirá o guión, mentres que Lorenzo di Bonaventura encargará-se da produción.