Daredevil nace outra vez

0
131

Brad Caleb Kane, o guionista e produtor da série de televisión Fringe, ven de ser contratado para escribir o guión para o relanzamento no cinema da franquía de Daredevil na 20th Century Fox e mais a Regency.

David Slade está a desenvolver este proxecto, do que será o director e que pretende dar-lle unha nova volta de rosca ao popular superheroe cego da Marvel Comics, que xa fora levado á pantalla grande nun filme de 2003 que pasou sen pena nin glória polas pantallas, entre outras cousas pola pésima actuación do seu protagonista Ben Affleck.

Seica os estudos pedíron-lle a Kane que adapte a famosa série Born Again do cómic, que contaba co guión de Frank Miller e os debuxos de David Mazzucchelli. Esta saga está considerada unha das mais influintes e aclamadas de todos os tempos no mundo do cómic.

Peter Chernin e Dylan Clark serán os produtores.