Aronofsky a bordo da arca de Noé

0
166

Hai uns meses, mesmo antes de que entrase (e logo abandoa-se) o proxecto de The Wolverine, Darren Aronofsky (Black Swan, Pi) falara da posibilidade de facer un filme sobre o mito bíblico de Noé que non sería apto para todos os públicos, e agora seica o proxecto vai-se facendo realidade.

Vários estudos importantes, entre os que se atopan a Paramount, a Fox e mais a Summit están interesados nesta fantasía épica, descrita coma unha versión “descarnada e cos pés na terra” da história fantástica que aparece mencionada na Bíblia, un libro sagrado de várias relixións, e cuxos adeptos están convencidos de que narra feitos reais, entre os cales está a construción dun arca onde o protagonista meteu a todos os animais do mundo antes de que se asolagara por ordes do seu deus.

O proxecto conta cun orzamento moi alto, ao redor dos 130 millóns de dólares (89 millóns de euros), dado que incluirá unha chea de efectos especiais. Aronofsky escribiu o guión, que actualmente está a ser revisado por John Logan.