O novo Tron xa ten guionista

0
163

David DiGilio (Eight Below, Traveler) será o encargado de escribir o guión da secuela de Tron: Legacy para a Disney Pictures. Os guionistas orixinais Adam Horowitz e Adam Kitsis estaban tamén a bordo deste proxecto, pero o seu compromiso coa série de televisión da Once Upon a Time da canle ABC evitou que puideran dispór de datas libres no seu calendário.

En calquera caso, o destino final desta posíbel terceira entrega da saga de Tron está ainda no aire, xa que mália os 400 millóns de dólares de benefícios no despacho de billetes que recadou a anterior entrega son un colchón mais ca saudábel para comprometer-se cunha terceira, os estudos coidan que tan só é un dato que amosa interese pero que non garante ren.

Así pois, todo depende de como se lle dea á série de televisión Tron Uprising, que debutará o ano que ven, e de se os estudos poden atopar un xeito de facer un filme considerábelmente mais barato de rodar.