Acker conducirá unha locomotora falante

0
162

Shane Acker, director de 9, o filme de debuxos animados de 2009, será o encargado de adaptar ao cinema con actores reais a Thomas the Tank Engine para a HIT Entertainment.

O argumento xira ao redor dun rapaz preadolescente que foi afastado de seu pai e é enviado a Sodor, a illa dos trens falantes, onde Thomas é un persoaxe mais dos que alí habitan. O rapaz descubre que o seu pai viviu alí cando era neno pero que xa non-o pode relembrar. E de aí virá unha experiéncia que lles servirá para reforzar os seus vencellos, segundo Acker.

O filme servirá para promocionar unha vella liña de xoguetes da empresa Mattel e saca-la fóra do seu habitual mercado para preescolares, tentando facer chegar os trens falantes a nenos un pouco maiores. En todo caso, cómpre relembrar que Stephen King utilizou a este persoaxe (ou unha versión algo mais diabólica) na súa novela The Dark Tower IV: Wizard and Glass, dentro da saga da Torre Escura.

Chris Viscardi, Will McRobb e Josh Klausner escribiron o guión, que será desenvolvido coa axuda da equipa de deseño da Weta Workshop e da empresa xogueteira Mattel, que traballarán conxuntamente para a ocasión.