A Summit Entertainment ven de contratar a Evan Daugherty (Snow White and the Huntsman) para que adapte ao cinema a novela para adolescentes de Veronica Roth Divergent.
O libro é un thriller distópico ambientado no Chicago do futuro, convertido nunha sociedade dividida en cinco faccións, cada unha das cales persegue unha virtude distinta: honradez, altruísmo, valentía, paz e intelixéncia.
Unha vez ao ano os rapaces de 16 anos deben seleccionar a facción coa que se identificarán para o resto das súas vidas. Daquela, un rapaz e mais unha rapaza deciden rebelar-se contra o sistema e descubren que hai un grande conflito que ameaza con aclarar o mistério da súa aparentemente perfecta sociedade.
Pouya Shabazian, Doug Wick e Lucy Fisher serán os produtores.