Remake do cazador de trolls

0
185
Trolljegeren

A produtora 1492 Pictures vai-se asociar coa CJ Entertainment & Media para adquirir os dereitos para facer un remake do filme noruegués de André Øvredal Trolljegeren (O cazador de trolls).

O filme orixinal é un thriller de terror coa forma dun pseudo-documental sobre un grupo de estudantes que investigan unha série de misteriosas mortes supostamente producidas por ursos no norde de Noruega, pero a investigación condúce-lles a algo moito mais sinistro e atopará a un home que resulta ser un cazador de trolls.

Marc Haimes foi contratado para escribir o guión, mentres que Chris Columbus, Michael Barnathan, John M. Jacobsen, Sveinung Golimo e Mark Radcliffe serán os produtores. A fita orixinal foi estreada en case toda Europa cun enorme éxito en outubro de 2010, e xa está dispoñíbel en DVD, pero non foi até un par de días que se puido estrear nos Estados Unidos, ainda que en versión orixinal subtitulada.