John Hlavin porá-lle o guión a Risk

0
196

O guionista John Hlavin (Underworld: New Dawn, The Shield) ven de ser contratado para se encargar de escribir a adaptación ao cinema do clásico xogo de mesa Risk para a Sony Pictures.

Creado en 1957 polo director francés Albert Lamorisse e mercado pola empresa xogueteira Parker Brothers dous anos despois, este xogo de estratéxia consiste nun mapa do mundo dividido en países aos que os xogadores deben tentar conquistar até controlar todo o mundo, loitando por adquirir cada território do mapa.

A Sony fixéra-se cos dereitos sobre a propiedade a finais de 2009 e comezou os seus plans para facer un “thriller de acción global” baseado neste xogo, que nestes intres pasa a ser o sétimo da lista de xogos de mesa actualmente en fase de se converter a películas.