Diego Luna úne-se ao reparto de Elysium

0
181

O actor mexicano mais de  moda entre o público latino, Diego Luna, ven de se unir ao reparto da aventura de ciéncia-ficción Elysium na Sony Pictures e mais a Media Rights Capital.

Luna interpretará a Julio, o millor amigo do persoaxe interpretado por Matt Damon nunha história ambientada dentro dun século noutro planeta. Jodie Foster, Sharlto Copley, Wagner Moura, William Fichtner e Alice Braga son os outros protagonistas.

Neill Blomkamp dirixirá este filme a partir dun guión escrito por el mesmo. Bill Block e Simon Kinberg serán os produtores deste proxecto que comeza a se rodar este verán.