O novo mito de Cameron e Worthington

0
191

O director de Avatar, James Cameron, e mais o protagonista do mesmo filme, Sam Worthington, poderían reunir-se novamente no vindeiro proxecto de ciéncia-ficción titulado Myth na 20th Century Fox.

O guionista Will Staples (autor asemade da série de videoxogos Call of Duty) está a manter conversas para se encargar de escribir o libreto desta película, da que ainda non se coñecen detalles agás o dato de que será un filme épico de ciéncia-ficción e con moita acción. Algúns especulan que podería ser unha adaptación do famoso videoxogo do mesmo nome, pero iso é bastante improbábel.

Worthington e Lorenzo di Bonaventura (Transformers) producirían a longametraxe, da que Cameron sería o produtor executivo pero non o director. Polo de agora Worthington non está vencellado ao reparto.