Ed Harris loitará na Guerra Mundial Zombi

1149
Julia Levy Boeken

Matthew Fox, Ed Harris e mais a actriz francesa Julia Levy-Boeken están a manter conversas co obxectivo de se sumaren ao reparto do filme de Marc Forster World War Z na Paramount Pictures e mais a Skydance Productions.

A história tentará adaptar ao cinema a novela homónima de Max Brooks, ambientada nun mundo onde xa pasaron dez anos despois dunha epidémia mundial de zombis. Brad Pitt, Mirielle Enos e James Badge Dale son os membros xa confirmados do reparto.

World War Z comezará a súa produción este mes após dun longo periodo de espera, no decurso do cal a Paramount loitou por rebaixar o mais posíbel o orzamento de 125 millóns de dólares. Agora os estudos atoparon unha fiestra de lanzamento para a estrea, que podería producir-se no verán de 2012 e unha vez que Star Trek 2 mude o seu actual calendário.