O Índice do Medo chega ao cinema

0
167
The Fear Index

A Fox 2000 e mais a Chernin Entertainment veñen de se faceren cos dereitos para o cinema sobre a novela sen publicar de Robert Harris The Fear Index.

A história vai sobre un científico que averígua como usar un sistema revolucionário de algoritmos de computador para coñecer de antemán os comportamentos dos mercados financeiros mundiais, grazas ao cal os seus fondos de inversión comezan a lle reportar enormes benefícios.

Pero unha noite mentres durme con sua muller na súa casa xunto ao lago Xenebra en Suíza, un intruso espérta-os. No decurso dun día, o científico necesitará averiguar quen está tentando destruí-lo mentres os mercados financeiros mundiais ameazan con se colapsaren.

A novela de Harris The Ghost converteu-se o ano pasado no aclamado thriller The Ghost Writer no cinema. Peter Chernin, Dylan Clark e Jenno Topping serán os produtores.