Joel Silver será o encargado de desenvolver unha longametraxe con acción real baseada na franquía de debuxos animados de ciéncia-ficción Ben 10 que se emite na canle Cartoon Network e que a Warner Bros. Pictures ten xa case decidido distribuir.
Tanto a série de debuxos animados coma o telefilme con actores reais emitido en 2007 (Ben 10: Race Against Time) acadaron estupendos índices de audiéncia, polo que a intención de Silver é crear unha potencial nova franquía para a pantalla grande.
O argumento da série vai sobre Ben Tennyson, un rapaz normal de dez anos que un día atopa o Omnitrix, un misterioso artilúxio alieníxena que unha vez posto xa non se pode sacar. A cámbio, dá-lle o poder de se transformar a vontade en dez formas de vida álien diferentes, o que o converte nun superheroe.
O novo filme non incluiría a ningún dos actores de Ben 10: Race Against Time, xa que tanto Silver coma o produtor Steve Richards teñen a intención de crear unha longametraxe mais grande e cun orzamento importante.