É Russell Crowe o novo Jor-El?

0
153

Os últimos e mais quentiños rumores apuntan a que Russell Crowe estaría a negociar a súa incorporación ao reparto de Man of Steel, o filme sobre Superman que dirixirá Zack Snyder na Warner Bros., para interpretar o papel de Jor-El, o pai kryptonián de Kal-El.

O produtor Christopher Nolan está a procurar un nome importante para este papel dende hai xa tempo. Outros nomes que estiveron ao redor do persoaxe nos últimos tempos foron os de Sean Penn e Clive Owen. Marlon Brando interpretara este papel no filme de 1978 dirixido por Richard Donner, polo que os produtores queren contar cun nome que estea á altura. En todo caso, os detalles sobre o argumento continúan a ser secretos, así que polo de agora non se coñece a importáncia do devandito papel no filme.

As novas chegan nun día especialmente intenso no que se refire a esta película, para a que ainda quedan un par de papeis importantes que encher. Así, a co-protagonista de Gladiator xunto ao mesmo Crowe, Connie Nielsen, podería ser a candidata perfecta para facero papel de Lara, a esposa de Jor-El e nai de Superman.

Henry Cavill, Amy Adams, Kevin Costner, Diane Lane e Michael Shannon son polo de agora os únicos nomes confirmados para o proxecto, que comeza a se rodar en agosto.