David O. Russell, candidato a Maleficent

0
203

O nome de David O. Russell ven de xurdir nos últimos días para se facer co posto de director de Maleficent na Disney Pictures.

Tim Burton fora até hai unhas semanas o director vencellado a este proxecto, que finalmente tivo que abandoar por causas de incompatibilidade no seu calendário de traballo. O filme será unha narración con actores reais do clásico conto de A Bela Durminte, pero esta vez narrado dende o punto de vista da bruxa (interpretada por Angelina Jolie).

E agora que Russell ven de deixar o proxecto de adaptar ao cinema o videoxogo Uncharted Drake’s Fortune, tería as portas abertas para Maleficient. De todos os xeitos, a posibilidade ainda está lonxe de ser real e o seu nome é ún dos que están en consideración, segundo fontes internas da Disney.