Finalmente, seica todos aqueles que estaban a se queixar da anunciada conversión ao formato 3D da saga da Guerra das Galáxias de George Lucas, xa teñen un bó motivo para non ir, e é que Lucas probablemente non se vai molestar en facer o remake de todos os episódios.
Agora que os espectadores das salas 3D comezan a se reducir perigosamente, unha vez pasado o efecto de Avatar, o produtor da Lucasfilm Rick McCallum confesou nunha recente entrevista que os plans de relanzar as seis entregas da saga de ciéncia-ficción mais famosa de todos os tempos están a ser revisados: “unha por ano, se funciona. E se non, só haberá unha película“.
Por suposto a produtora lanzará os episódios na súa orde cronolóxica, así que polo de agora só garanten que haberá unha conversión, a do episódio I, A Ameaza Pantasma, co que o persoaxe mais detestado polos fans, Jar Jar Binks, podería ter a honra de ser o único que apareza en 3D.