Lobeto ten novo director

0
183

O nome de James Mangold (3:10 to Yuma, Identity) ven de xurdir recentemente coma a primeira elección da 20th Century Fox e de Hugh Jackman para dirixir The Wolverine, o anunciado filme de Lobeto, o que faría rematar dunha vez a procura que dende hai meses están a facer xa case á desesperada dun realizador que se encargue deste filme.

As negociacións están ainda en marcha para se facer coa cadeira baleira que deixou Darren Aronofsky en marzo. Mangold podería acadar un posto que até ben pouco a prensa daba por certo para Gavin O’Connor (Warrior) ou Antoine Fuqua (Brooklyn’s Finest). A rodaxe en todo caso debe escomezar en outono.

Christopher McQuarrie escribiu o guión, que está ambientado no Xapón principalmente. Jackman xa traballara anteriormente con Mangold no filme romántico e fantástico Kate and Leopold e o director foi o encargado do éxito do ano pasado da Fox Knight and Day.