En marcha a secuela de Percy Jackson

0
148

A Fox 2000 ven de exercer os seus dereitos para retér a Logan Lerman, o protagonista de Percy Jackson and the Olympians: The Lightning Thief, nunha segunda parte desta franquía que levará por título Percy Jackson and the Olympians: The Sea of Monsters e que será dirixida por Thor Freudenthal (Diary of a Wimpy Kid).

O filme será a continuación da anterior entrega, dirixida o ano pasado por Chris Columbus e que mália as súas modestas críticas acadou 226 millóns de dólares de benefícios nos despachos de billetes en todo o mundo. Agárda-se que Columbus sexa o produtor desta secuela.

O argumento vai sobre un rapaz normal que descubre que é o fillo do deus grego Poseidón. Nesta segunda parte, Percy e mais o seu grupo de amigos parten na busca do mítico Vélaro de ouro e para ceibar a un compañeiro que foi capturado.

Scott Alexander e Larry Karaszewski (Ed Wood) foron contratados para escribir un guión que utilice elementos do segundo libro de Rick Riordan e doutros do mesmo autor da série literária na que está basada esta franquía do cinema. O plan é escomezar a produción axiña para que o filme se poida estrear ao longo do ano que ven.