David Lynch entra nunha seita

0
213

David LynchO realizador cinematográfico americano David Lynch (Twin Peaks) ven de adquirir a cuíña berlinesa do Teufelsberg (en galego, montaña do demo) para construir na sua cima unha “universidade” da seita esotérica Transzendentale Meditation.

Cunha altura de 115 metros, o Teufelsberg é a maior elevación de Berlín e foi erguida artificialmente ao cabo da Segunda Guerra Mundial cos cascallos resultantes dos bombardeos que sufriu a capital alemá.

Os xornalistas puideron realizar fotos da cerimónia esotérica celebrada pola seita no cúmio da montaña do demo para formalizar espiritualmente o comezo do proxecto da nova universidade esotérica. Nas fotos publicadas pola prensa alemá pode ver-se a David Lynch acompañado por Raja Emanuel Schiffgens, representante e gurú da organización en Berlín. Unha série de adeptos con fachos acompañaron-os a celebrar a adquisición dos terreos que antigamente ocupaba a estación de radares e antenas militares americana.

Practico a meditación trascendental a diário dende fai 35 años“, xustificou-se Lynch, en declaracións recollidas polos xornais berlineses. A seita, que conta cunos 2.000 adeptos en Alemaña, segue unha forma especial de meditación iniciada nos anos 50 polo Maharashi Mahesh Yogi, segundo la Sociedade Federal de Asesoramento sobre Seitas (AGPF).

A AGPF sinala que os membros da seita venden a sua especial forma de meditación coma opción curativa, ofrecen cursos de iniciación por 2.400 euros, prometen aos novícios que chegarán a levitar e teñen, coma é lóxico nunha organización relixiosa, un funcionamento antidemocrático.