A Warner fai-se con Artur e Lancelot

0
168

Apos dunha reñida poxa, a Warner Bros. ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o guión de Arthur and Lancelot, orixinal do realizador David Dobkin (The Change-Up, Wedding Crashers).

O proxecto semella importante, xa que contará cun orzamento de 90 millóns de dólares, e describiu-se coma unha moderna versión das lendárias histórias do rei Artur e de Sir Lancelot. Dobkin será o director a partir do seu própio guión e ademais producirá o filme xunto á Lionel Wigram.

O proxecto será o terceiro filme que desenvolverán os estudos baseado na lenda do rei Artur. As outras dúas películas son o remake de Bryan Singer do filme Excalibur e unha versión de Guy Ritchie sobre o cómic orixinal de Warren Ellis. Ademais, a New Regency está a desenvolver Pendragon, un proxecto no que está vencellado o director (The Losers).