McShane é o novo líder dos ananos

0
191

Ian McShane (Deadwood, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) ven de se comprometer para interpretar a ún dos ananos de Snow White and the Huntsman na Universal Pictures.

O filme será unha versión do clásico conto de fadas de Branca Neves protagonizado por Kristen Stewart no papel dunha princesa que fuxe da súa madrastra (Charlize Theron) coa axuda dun cazador (Chris Hemsworth), quen a aprende a sobrevivir e a loitar para se vingar polo desterro forzado.

McShane interpretará a Caesar, o líder dos ananos, mentres que o resto dos seus compañeiros serán elixidos axiña. Rupert Sanders é o director deste filme, cuxa rodaxe ten previsto escomezar en agosto.

Pola súa banda, o filme da Relativity ainda sen título oficial pero baseado tamén no persoaxe de Branca Neves e que posíbelmente competirá con este nos despachos de billetes, ainda conta coa participación de Julia Roberts e Lily Collins e ten a intención de chegar ás salas de cinema antes que Snow White and the Huntsman.