Hoxe mércores ás 11:00 horas na Sala de Conferencias da 4ª planta do Centro Cultural Caixanova (Rúa Augusto González Besada 2 e 4), terá lugar a presentación aos médios de comunicación da curtametraxe fantástica 12007 da produtora galega Contacontos Produccións Cinematográficas. O acto contará coa presencia do director da curtametraxe, Diego Torres, e máis o produtor executivo da mesma, David Alvariño.
A equipa de Contacontos que traballou nesta curta estivo rodando no pasado mes de outubro en distintas zonas da cidade de Pontevedra (como a Praza da Ferrería ou a rúa 12 de novembro) así como no set de interiores montado para tal fin nun local da capital do Lérez. Tamén conta con escenas rodadas en lugares coma Cabo Home ou Monte Facho. O proxecto é privado nun 70% e o resto é unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta.
12007 é unha curtametraxe de ciéncia-ficción, está inspirada nun relato do clásico escritor galego Rafael Dieste publicada no seu libro de contos Arquivos do trasno (1926) e está dirixida polo pontevedrés Diego Torres. Narra o encontro entre dúas persoaxes diametralmente opostas (un vagamundo e máis un médico que ten unha receita para viaxar polo tempo) que teñen un obxectivo común: coñecer como evolucionará a humanidade e a sociedade en 10.000 anos.
O filme, de 15 minutos de duración, expón unha reflexión acerca de quen somos e de cales foron os verdadeiros avances humanos ao longo dos nosos miles de anos de evolución. Está protagonizado por Xosé María Tanas e Xosé Manuel Esperante.