Whedon volverá a rodar Dollhouse

0
228

Eliza DushkuJoss Whedon, que está a lle dar os últimos toques á súa nova série de ciéncia-ficción Dollhouse para a canle Fox, revelou aos seus fans no seu blogue oficial que está a rodar un novo primeiro episódio para clarexar o argumento da série.

O episódio piloto orixinal, que algúns espectadores atoparon algo confuso, convertirá-se polo tanto no segundo episódio da serie.

O feito é que estou moi orgulloso do episódio que rodamos, e que a série está a me volver tolo coa emoción“, escribiu Whedon. “Pero eu tendo a ver as cousas dende todos os ángulos, e hai uns pequenos problemas de claridade para algúns espectadores. Tamén houbo algúns problemiñas co tón – Eu estaba nun lugar escuro e mouro (onde, como algúns de vós sabedes, teño a miña casa) e non acadei o tón visceral que a Fox agardaba a partir do guión“.

Whedon apurou a aclarar que a rodaxe dun novo primeiro capítulo foi unha ideia de seu, non da Fox, para asemade evitar comparacións con outros proxectos que fixo para a mesma canle, coma a fracasada Firefly, na que aconteceu exactamente a mesma circunstáncia.

Whedon dixo que xa non poderá amosar os vídeos de Dollhouse, coma quería facer orixinalmente, na Comic-Con International que escomezará hoxe.

Dollhouse, protagonizado por Eliza Dushku, está previsto para se estrear o vindeiro xaneiro de 2009.