Max Landis nunha nova versión de Frankenstein

0
166

A 20th Century Fox e mais o produtor John Davis veñen de contratar ao prometedor guionista Max Landis (Chronicle) para que escriba o libreto dunha nova versión de Frankenstein.

Os detalles desta nova encarnación do persoaxe clásico ainda están baixo segredo. Davis, fillo de John Landis, será obviamente o produtor desta versión que ven a se sumar a outra média dúcia actualmente en proxecto ou en preparación e que teñen en común o protagonismo do monstro de Frankenstein.

Entre os proxectos abertos está o remake de Guillermo del Toro do clásico filme de 1931 da Universal Pictures, a adaptación da Summit Entertainment da novela de Kenneth Oppel This Dark Endeavor, a adaptación da Ghost House Pictures da novela de Peter Ackroyd The Casebook of Victor Frankenstein, a adaptación do guitarrista de Guns n Roses Slash do cómic Wake the Dead e mais a narración contemporánea do mito clásico a través dun guión de Craig Fernandez na Sony Pictures.