James Wan prepára-se para facer un Esconxuro

0
171

O realizador malásio James Wan (Insidious) está en negociacións finais coa New Line para se encargar da dirección do novo filme The Conjuring (O Esconxuro).

A película estará inspirada na história real da família Perron, quen afirmaban que vivían “entre os mortos“, rodeados de espíritus tanto malvados coma amigábeis nos anos 70 nunha granxa de Rhode Island.

O filme estivo até agora nas mans da Summit Entertainment, pero renunciou aos dereitos hai uns días, o que foi aproveitado pola New Line para se facer con eles. Peter Safran e Tony DeRosa-Grund serán os produtores. Ainda non hai data de escomezo da produción.