Strick relanzará Elm Street

0
206

Freddy KruegerA New Line, agora convertida nunha división da Warner Brothers, ven de alugar os servizos do veterán guionista Wesley Strick para que escriba o que se agarda será o relanzamento da súa série Pesadelo en Elm Street, a franquía que converteu á New Line nos anos 80 nunha empresa punteira dentro dos estudos de cinema.

O Pesadelo orixinal foi escrito e dirixido por Wes Craven e lanzado en 1984. A saga creou a ún dos máis populares malvados da história do cinema, Freddy Krueger, interpretado por Robert Englund, e na súa exitosa carreira xenerou unha chea de secuelas.

A premisa dos filmes centrába-se en Krueger, un asasino en série de nenos que fora el mesmo asasinado e que regresaba de entre os mortos coa face queimada e unha luva con navallas para aterrorizar aos adolescentes nos seus soños.

O novo proxecto pretende celebrar o 25º aniversário da saga e manter o ambiente de instituto e profundizará na psicoloxía dos soños e na do mesmo Krueger. O plan é facer que teña un tón máis escuro e sinistro có orixinal, que finalmente rematou por se converter nunha paródia de si mesmo e acadando máis risos ca berros entre os espectadores.