Ofrecen o papel de Lara a Julia Ormond

0
149

A actriz Julia Ormond (The Curious Case of Benjamin Button) ven de recebir unha oferta para interpretar o papel de Lara, a nai de Kal-El, no vindeiro relanzamento de Superman Man of Steel na Warner Bros. Pictures.

Ormond aparecería acompañando a Russell Crowe, a quen lle ofreceron asemade recentemente a posibildiade de facer o papel de Jor-El, o pai kryptonián de Superman nesta longametraxe que será dirixida por Zack Snyder.

Pola súa banda, seica Snyder non-o ten tan claro e está ainda a considerar a várias actrices, o que explicaría que a semana pasada saí-se a relucir o nome de Connie Nielsen (Gladiator) para o mesmo papel de Lara.