A morte de Peter Parker

0
327
A capa do cómic Ultimate Spider-Man

No ano 2000 o guionista de cómics Brian Michael Bendis creou a série Ultimate Spider-Man na Marvel para narrar as aventuras do trepamuros nunha versión moderna, quen expandeu a orixe clásica do heroe dende as iniciais 11 páxinas a un total de 180. Bendis traballou xunto ao debuxante Mark Bagley até o número 110 da série, cando Stuart Immonen sustituiu a Bagley. O español David Lafuente sustituiu a Immonen a partir do número 133, e o título pasou a ser Ultimate Comics: Spider-Man.

Ultimate Spider-Man foi a primeira série publicada do Universo Ultimate, un universo alternativo da Marvel que tentou facer unha reinvención dos persoaxes mais clásicos e con mais de 40 anos de história ás súas costas. E coma novo universo, as regras serían novas e libres de coincidir ou non co persoaxe orixinal. Nesta série, Peter Parker traballa nun restaurante de comida rápida mentres asiste ás súas clases na universidade. Vive xunto a Gwen Stacy, a súa tía May, á Antorcha Humana (morta noutra série da Marvel) e Iceman. O tón xeral da série é mais lixeiro e o debuxo está moi enfocado ao público xuvenil.

A cuestión é que o número 160 da série contará cunha importante novidade: a morte de Peter Parker, dentro da saga titulada Death of Spider-Man. Nesta série, o Trasno Verde fuxe da S.H.I.E.L.D. e tenta matar á tía May e a Mary Jane, o cal é evitado por Peter a costa de perder a vida. Segundo Bendis, “xa faláramos sobre o que sinifica Spiderman e sobre o que podería sinificar e que clase de novas histórias poderías contar. Se morrera salvando á tía May igual que cando non puido salvar ao tío Ben, daquela terías algo“.

Bendis non semellou moi impasíbel após de “matar” a Peter: “Escoita, eu sentei aquí tecleando todo isto con bágoas nos ollos coma un bebé grande! Subín as escaleiras e falei con miña muller e lle dixen ‘Estou moi avergoñado, coido quelevo chorando 45 minutos’ Na miña vida pasáron-me cousas de verdade polas que non chorei, pero ainda estou chorando por isto“.

Este é o final definitivo de Peter Parker nesta série, pero non para Spiderman. Segundo o editor Axel Alonso, “vai haber un Spiderman totalmente novo nun uniforme totalmente novo“. Quen será o novo trepamuros? Para saber a resposta haberá que agardar até o mes de agosto, cando apareza o novo número da série, Ultimate Comics Fallout.

A pregunta é por suposto, aceptará o público lér un cómic de Spiderman onde non saia Peter Parker, ainda que sexa dentro desta série para rapaces?