Singer producirá Capeshooters

0
209

Brian SyngerBryan Singer producirá Capeshooters, unha nova adaptación dos cómics, para a Warner Brothers.

Singer, que xa dirixiu filmes de superheroes coma X-Men e Superman Returns, está agora interesado en explorar o lado escuro deste asunto, pero só será un produtor no proxecto.

En Capeshooters, dous lacazáns convírten-se en paparazzis especializados en cubrir vídeos de superheroes e nunha destas atópan-se con probas de que un superheroe reverenciado polo público é en realidade un superfalcatruán.

J.P. Lavin e Chad Damiani escribirán o guión.

O proxecto está baseado nun cómic que ainda non apareceu no mercado, creado por Rob Liefeld, o antigo debuxante da Marvel Comics que abandonou a empresa para crear unha de seu, a Image Comics.