A Warner entra nas Guerras do Sangue

0
150

A Warner Bros. Pictures e mais a Imagine Entertainment veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión titulado Blood Wars, e que seica é unha reinvención da tradición dos vampiros.

Nesta história, os vampiros teñen o control do mundo e os humáns son os seus escravos, pero un grupo de humáns consigue infiltrar-se no exército vampírico e planea unha rebelión. Un argumento sospeitosamente semellante ao de Daybreakers, pero que se afasta abondo como para non ser exactamente o mesmo.

Chad St. John e mais a Blacklight Transmedia crearon a história e Dalan Musson encargará-se de escribir o guión, baixo a produción de Zak Kadison.