Comeza o experimento Ganzfeld

0
211

Rumer Willis (a filla de Bruce Willis e Demi Moore), Dominic Purcell e Billy Zane serán os protagonistas do thriller independente The Ganzfeld Experiment para a compañía Bon Vivant Entertainment.

A história vai sobre cinco estudantes de Psicoloxía que se axuntan nunha casa afastada para investigaren os seus supostos poderes extra-sensoriais. Taylor Cole, Ryan Donowho, Toby Hemingway, Holt McCallany e Laura Wiggins son os outros actores dentro dun reparto que será dirixido por Michael Oblowitz (The Breed). O guión é do mesmo Oblowitz, de Caroline Riley e mais de Theodore Gildred.

O filme está xa a se rodar en Los Angeles.