Roubando o Tempo

0
176

A misteriosa máquina de AntiquiteraA Columbia Pictures ven de contratar a Walt Becker para que dirixa o filme de acción e de viaxes polo tempo Stealing Time, centrado en tres xeracións de homes que embarcan nunha aventura polo mundo para descubrir os segredos dun antigo aparello coñecido coma a Máquina de Antiquitera, que podería ser o compoñente clave dunha máquina do tempo perdida.

Bob Cooper da Landscape Entertainment e Charles Segars da Sparkler Entertainment serán os produtores.

Stealing Time é unha ideia desenvolvida por Cooper e Segars, que traballaron para facer o argumento xunto ao copresidente da Columbia Doug Belgrad.

Colin Trevorrow, que escribiu Tester para a DreamWorks, xa comezou a traballar no guión de Stealing Time.