Ben Barnes será o Séptimo Fillo

0
148

Interpretou ao príncipe Caspian na saga de Nárnia e ao inmortal de Oscar Wilde en Dorian Gray, agora o actor inglés Ben Barnes está a negociar a súa incorporación ao reparto do filme fantástico The Seventh Son, unha longametraxe de alto orzamento que producirán a Warner Bros. e mais a Legendary Pictures.

Baseada na série de libros para nenos de Joseph Delaney The Wardstone Chronicles (tamén coñecidos coma The Last Apprentice), a história vai sobre un xoven chamado Tom adestrado para se converter no aprendiz dun Spook (Jeff Bridges), un loitador contra a máxia negra no século XVIII.

Os problemas comezarán cando a súa amiga Alice (Alicia Vikander) cometa o erro de ceibar á bruxa mais maléfica do mundo (Julianne Moore). Barnes sustitúe neste filme a Sam Clafin (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) quen estivera en negociacións para o papel até que as conversas fracasaron.

Sergei Bodrov (Nomad, Mongol) dirixirá a película a partir dun guión de Max Borenstein. A rodaxe escomezará en setembro en Vancouver (Canadá).