O responsábel de Blair Witch Project, Eduardo Sanchez, será o encargado de dirixir o thriller Exists para a Haxan Films, baseado na mítica figura do sasquatch.
Jamie Nash e Sanchez escribiron o guión, que vai sobre un grupo de rapaces de vintetantos anos que escomezan unha viaxe a unha cabana perdida no bosque, onde son perseguidos metódicamente polo sasquatch, unha besta semellante ao Ieti do Himalaia e que tamén é coñecido coma Bigfoot (“Pés Grandes”).
Sanchez dixo que esta será a primeira entrega dunha nova triloxía que explorará e reinventará o mito do Bigfoot. Robin Cowie, Gregg Hale, Andy Jenkins, Jane Fleming e serán os produtores.
A Weta Workshop e mais a Spectral Motion están a colaborar no deseño e construción do monstro. A rodaxe escomezará en outubro ás aforas de Austin, Texas.