As Montañas non están ainda mortas

688

O realizador Guillermo Del Toro (Hellboy, Pan’s Labyrinth) ven de revelar nunha recente entrevista que mália que o proxecto fracasa-se, ainda tentará facer realidade a súa adaptación de grande orzamento da novela de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura.

Non abandonei… Nas Montañas da Loucura estivo comigo os últimos 13 ou 14 anos e non quero abandoa-la. Mira, as películas que eu fago, mantéño-as cando coido, ben, se eu non-o fago, ninguén o fará… Hellboy, se eu non-o fixera, non coido que ningún outro o fixera tampouco. O Labirinto de Pan, o mesmo. Nas Montañas da Loucura, o xeito que eu quero dar-lle é unha versión moi particular, e coido que se eu non me manteño nesta versión que eu gostaría ver, nunca se fará“, dixo del Toro.

Ademais confirmou que os maiores problemas son o orzamento e mais a calificación: “a película podería ser pefectamente algún día para maiores de 13 anos, pero por contrato eu preciso protexe-la. Non hai nada no filme que sexa irreverente ou situacións sexuais ou algo diso. Pero o que aprendimos con Don’t Be Afraid of the Dark é que ás veces a intensidade, a intensidade das situacións, fai-te colleitar un R (para maiores de 18)“.

En calquera caso, o seu compromiso con este proxecto ficou claro cando dixo que unha vez que remate co seu actual filme, Pacific Rim, volverá ao desenvolvemento de Nas Montañas da Loucura: “vou continuar atrás del. A Universal está realmente interesada en face-lo. A continuación de Pacific Rim, pretendo ver se podemos face-lo deseguido“.

Ao respeito dunha posíbel entrega de Hellboy sobre a que Mike Mignola dixo que Del Toro non poderá facer, o director revelou que lle gustaría poder continuar a franquía, pero que a súa axenda está moi ocupada e que simplemente non terá tempo para regresar a ese proxecto nos vindeiros anos.