Xerxes ten un novo nome

0
174

O proxecto de secuela de 300 ven de perder o seu título de Xerxes e recebiu un novo nome: 300: Battle of Artemisia.

Orixinalmente Zack Snyder estaba destiñado a dirixi-la, pero os seus compromisos con Man of Steel evitaron esta posibilidade, se ben utilizará-se o guión que el co-escribiu xunto a Kurt Johnstad baseado na novela gráfica de Frank Miller.

Agora os produtores, Snyder e mais a Legendary Pictures están tentando chegar a un acordo sobre quen debe ser o novo director que se encargue do proxecto, e para iso soan neste intre dous nomes con moita forza, os de Noam Murro (quen dirixiu os anúncios de HALO) e mais o do catalán Jaume Collet-Serra (Unknown, House of Wax). O mesmo có filme orixinal, agárda-se que 300: Battle of Artemisia sexa rodado con fondos de pantalla verdes sobre o que se engadirán posteriormente os efectos especiais.

O cómic de Miller Xerxes é dalgún xeito unha precuela a 300 e vai sobre a morte do líder persa Dario após da batalla de Maratón e de como o seu fillo Xerxes tentou transformar-se nun deus para se poder vingar dos gregos, xa que o seu pai advertíra-o de que estes só poden ser castigados por un deus.

A batalla de Artemisa foi unha série de enfrontamentos navais entre os gregos e os persas que tivo lugar ao longo de tres días simultáneamente coa batalla das Termópilas, que aparece descrita no anterior filme.