Jeff Bridges e a nova oportunidade do Doante

0
194

O seu primeiro intento fallou, pero agora Jeff Bridges e mais o produtor Nikki Silver queren-lle dar outra oportunidade á adaptación ao cinema de The Giver, a novela para adolescentes de 1994 orixinal da escritora Lois Lowry.

A história vai sobre un neno de 12 anos que vive nunha sociedade utópica do futuro na que toda a memória da história humana foi borrada. A súa vida converterá-se nun caos cando sexa designado para herdar o papel do Doante (Giver) e teña que soportar o peso de todo o inmenso rango de emocións humanas, o que lle fará decatar-se de que vivir unha vida libre de dór é algo que só se pode facer a un moi alto custe.

A Fox e mais a Walden Media estiveron interesadas neste proxecto aló polo 2006 pero o proxecto non saiu adiante, así que a Warner Bros. Pictures retomou a ideia xunto aos produtores Douglas Wick e Lucy Fisher en 2007. Nombergantes, eles tampouco puideron facerr realidade o filme, polo que cando os dereitos estiveron de novo dispoñíbeis, Bridges e Silver se fixeron de novo con eles e agora tentarán producir a través da On Screen Entertainment.

Vadim Perelman (The House of Sand and Fog) está ainda vencellado para escribir o guión e John Heyman será o produtor.