O reparto de Beowulf, ao espido

0
195

Cartace de BeowulfO reparto da vindeira película de Robert Zemeckis, a agardada nova versión en debuxos animados de Beowulf, levará unha sorpresa porque moitos, se non todos os persoaxes, aparecerán espidos na pantalla ainda que non se espisen para a rodaxe. E todo grazas á máxia dos persoaxes xerados por computador.

Ray Winstone, que dá voz ao persoaxe principal, é o máis exposto: o seu persoaxe aparece totalmente espido, ainda que non de fronte, durante a súa loita final contra o malvado monstro Graendel.

Angelina Jolie, quen dá vida á nai do malévolo monstro Graendel, dixo aos preporteiros nunha rolda de prensa que ficou un pouco avergoñada cando mirou ao seu persoaxe espido na pantalla, ainda que apareza con algunhas modificacións monstrosas. “Realmente non agardaba que fose tan real“, dixo Jolie, quen tamén afirmou que lle encantaba a cola que lle puxeran.

O rei Hrothgar, interpretado por Anthony Hopkins, leva posta unha túnica coa que se deixa ver o seu traseiro en várias escenas. Pero Hopkins dixo que ainda non mirara o filme: “Non lembro ren diso“, dixo. “Estades seguros de que miráchedes o filme correcto?“, engadiu entre risos.

Beowulf tamén está protagonizado por Crispin Glover, John Malkovich, Robin Wright Penn, Brendan Gleeson e Alison Lohman, e foi estreada o 16 de novembro nos Estados Unidos.