Carey Mulligan, CF en Austrália

0
202

A actriz Carey Mulligan é a máxima favorita para se facer co papel protagonista no vindeiro proxecto de acción e ciéncia-ficción Outback na GK Films.

Gary Ross (The Hunger Games) será o director desta longametraxe, que se rodará en Austrália. Polo de agora non se deron a coñecer detalles sobre o seu argumento.

Tobey Maguire será o produtor mentres que Nissar Modi (Z For Zachariah) escribirá o guión, baseado nunha ideia orixinal que el mesmo e mais Ross concebiron.

Mulligan chegará de todos os xeitos a Austrália a finais deste verán para escomezar a rodaxe de The Great Gatsby.